ALONSO, JOSÉ RAMÓN / GALÍ, MERCÈ
Unha nova e divertida aventura ilustrada que desafía os nenos e nenas máis valentes.
Aviso para quen lea este libro: no bosque hai un terrible lobo feroz! Con esta peculiar advertencia comeza o novo álbum de Anne Derenne, unha historia chea de humor e ironía que reta os máis pequenos a vivir unha trepidante aventura atraídos polo desexo do prohibido.
Como en Patas arriba, o libro interpela continuamente as lectoras e os lectores animándoos a descubrir os simpáticos personaxes que habitan o bosque e que se ocultan tras arbustos, pedras ou árbores. Pero, coidado! Nada é o que parece. Serán tan valentes como para pasar todas as páxinas? Nese caso, agarda por eles un sorprendente e inesperado final.