ARMEA, 10 ANOS DE ACTUACIÓN SOBRE O PATRIMONIO CULTURAL COMO MOTOR DE DESENVOLVE

ARMEA, 10 ANOS DE ACTUACIÓN SOBRE O PATRIMONIO CULTURAL COMO MOTOR DE DESENVOLVE

 

20,00 €
IVA incluido
Consultar
Editorial:
UNIVERSIDAD DE VIGO
Año de edición:
2021
ISBN:
978-84-8158-910-8
Páginas:
116
Encuadernación:
Rústica

No ano 2011, asínase o primeiro contrato de investigación entre o Concello de Allariz e a Facultade de Historia da Universidade de Vigo, que posteriormente (2015-2020) se converterá nun Convenio específico en materia de xestión do patrimonio cultural e arqueoloxía para o xacemento da Cibdá de Armea. En 2020, a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia únese ao Concello de Allariz e á Universidade de Vigo no proxecto, apoiando económicamente, mediante un convenio, as intervencións
arqueolóxicas. Trátase dunha ferramenta de xestión que se converteu nun modelo de éxito a seguir e que outros Concellos teñen posto posteriormente en marcha para investigar e poñer en valor o seu patrimonio arqueolóxico, baseado, entre outros aspectos, na participación anual de alumnado da Uvigo e de outras Universidades, a modo de curso de arqueoloxía práctico e totalmente gratuíto. Grazas a este proxecto conseguiuse sacar á luz e rescatar do esquecemento un dos máis importantes xacementos arqueolóxicos de Galicia e convertelo nun dos principais activos histórico-culturais da comarca de Allariz. Armea localízase nunha parroquia do Concello ourensán de Allariz, unha zona rural afectada polo despoboamento. Na aldea de Armea, núcleo de poboación de referencia para o conxunto, vivían en 2011, ano de comezo do Proxecto, tres persoas xubiladas de avanzada idade. No próximo núcleo de Santa Mariña, a situación era algo mellor, aínda que o despoboamento e o abandono de casas e terras de cultivo facíase palpable. A maioría das casas convertéranse en segundas residencias e a súa poboación estaba avellentada. Nese intre, a existencia do gran xacemento de Armea era simplemente coñecida por uns poucos especialistas e parte da poboación local, aínda que se sentía certo desarraigo entre a veciñanza e case ninguén sabía da gran cidade romana de Armea. Unha das causas era que ningún dos restos do xacemento se atopaba visible; estaban agochados baixo unha tupida vexetación descontrolada durante as últimas décadas, desde que, nos anos 50, o enxeñeiro e intelectual local Francisco Conde-Valvís escavara na finca da Atalaia (tamén coñecida como a Igrexa) e tapara a posteriori os restos arqueolóxicos. Outra causa era a perda da memoria sobre as antigas escavacións unha vez que a xeración participante xa desaparecera. Naquel entón non existían tampouco ofertas para realizar visitas organizadas nin información en puntos estratéxicos do Concello que informasen e derivasen os e as visitantes da vila cara a Armea, o que limitaba o número de visitas a aquelas poucas persoas interesadas que coñecían a maneira de chegar ao xacemento. En 2011, soamente a basílica da Ascensión e os restos da sauna castrexa albergados na súa cripta, o coñecido como «Forno da Santa», lembrábanos que nese lugar existían importantes restos arqueolóxicos. As publicacións de Francisco Conde-Valvís (1952; 1959) sobre as súas escavacións indicaban a existencia de restos importantes na ladeira norte, pero non se coñecía con seguridade nin a súa localización, nin a súa funcionalidade, nin a súa cronoloxía e tampouco a súa extensión...

Artículos relacionados

  • EL MERCADO. COLOREA Y CREA TU COLLAGE CON PEGATINAS
    1 kg de manzanas, 1 paquete de harina, un ramo de flores, un rayo de sol, unas avellanas, 2 o 3 calabacines, albaricoques, té, 500 g de fresas... ¿Y si la clave de la felicidad estuviera en el mercado? Un libro de colorear y con pegatinas imaginado por Zoé de Las Cases. ...
    En stock

    24,95 €

  • CARTAS A UN JOVEN POETA (SERIE GREAT IDEAS)
    RILKE, RAINER MARIA
    En el centenario de la muerte de Rilke, se une a Great Ideas una de las obras epistolares más bellas e inspiradoras de todos los tiempos, con una nueva traducción de Adan Kovacsics. A lo largo de la historia, algunos libros han cambiado el mundo. Han transformado la manera en que nos vemos a nosotros mismos y a los demás. Han inspirado el debate, la discordia, la guerra y la re...
    En stock

    8,99 €

  • OJALÁ CURAR FUERA MÁS FÁCIL
    INCERTIS, RAÚL
    Hay heridas que ningún hospital puede curar y lugares en los que la medicina deja de ser una profesión para convertirse en una forma de resistencia. La historia del médico español que protagonizó el pódcast Vivir y morir en Gaza, dirigido por Almudena Ariza. Decido ir a quirófano. El ascensor no funciona, así que me dirijo a las escaleras. Antes de subirlas, corrijo el rumbo y ...
    En stock

    21,90 €

  • LA GENEALOGÍA DEL ABANDONO
    GASTAÑAGA GONZÁLEZ, IVÁN
    Una búsqueda íntima que transforma el abandono en memoria familiar. Iván Gastañaga nació en Moscú en 1990, en los últimos días de la Unión Soviética. Un año después, gracias a la mediación de una corresponsal española destinada en Rusia, se convirtió en el primer niño soviético adoptado por una familia española. Creció en Cantabria rodeado de afecto, pero también atormentado po...
    En stock

    20,90 €

  • HOGAR LIMPIO, HOGAR FELIZ
    MARTÍNEZ FERNÁNDEZ, ALICIA
    MANTENER UNA CASA LIMPIA, ORDENADA Y BONITA ES POSIBLE Y, CON ALICIA MARTÍNEZ, ADEMÁS, TE RESULTARÁ FÁCIL Con este libro, transformarás tu casa en un espacio más práctico, más agradable y más tuyo.@aly_deco_home, nombre por el que más de tres millones de seguidores la conocen en redes, sabe muy bien que basta con dominar los trucos adecuados, crear pequeñas rutinas y tener clar...
    En stock

    20,90 €

  • LA PERSISTENCIA DE LA MEMORIA
    LASSALLE, JOSÉ MARÍA
    Una reflexión lúcida sobre la política, la identidad y la pérdida de la inocencia. La persistencia de la memoria es un extenso diario íntimo, intelectual y político en el que José María Lassalle narra su tránsito vital entre 2001 y 2006, desde la vida académica en Santander hacia el centro del poder político en Madrid, en un tiempo marcado por el 11-S, la guerra de Irak y los a...
    En stock

    23,90 €